12.2.24

Entroido 2024

 As inclemencias climatolóxicas impediron que este ano sairamos polas rúas de Cambados coa intención de animar a vila e poder compartir con toda a veciñanza os nosos disfraces.

Sen embargo, o noso alumnado non quedou sen festa e adaptámonos ás circunstancias facendo un desfile pola escola e degustando doces típicos de Entroido.

Premendo na imaxe podedes ver imaxes dos diferentes disfraces.




Día da Paz 2024

 Este ano celebramos o Día da Paz nun lugar moi significativo do noso barrio e da nosa vila: o asilo.

Queremos agradecer a boa disposición que nos atopamos para poder celebrar nos xardíns o acto para esta conmemoración.

Premendo na imaxe, pódeses acceder a un álbun de fotos e, máis abaixo, deixamos unha lista de reprodución con vídeos do realizado.





22.12.23

Festival de Nadal (vídeos)

 

Fotos do Festival de Nadal 2023

 Como cada ano, o salón Peña vestiuse de gala para celebrar o Festival de Nadal do cole, onde todas/os as artistas que temos puideron amosar todo o seu talento.

O traballo realizado e os ensaios deron o seu froito e todo saiu moi ben.

Se queredes ver imaxes da xornada, premede na imaxe.




Visita dos Reis Magos

 O mércores, e sen previo aviso, recibimos a visita dos Reis Magos, que agasallaron ao alumnado con chuches e comprobaron que todas e todos enviaran correctamente as súas cartas.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos da xornada.




Agradecemos á ANPA Os Olmos o traballo realizado para que esta visita se levase a cabo.

8.2.23

Martina López no cole!

Despois dunn exitoso paso polo programa Got Talent, Martina López fixo un oco para compartir con nós unha mañá. Logo dunha charla co alumnado do terceiro ciclo e de actuar para todo o colexio, pasou polos micros de Lectoriño nas Ondas, onde lle fixemos unha entrevista que podes escoitar a continuación.

1.2.23

Entrevista a Marcos e Aida, e Dani e Ithaysa (profes do Ceip Isaac de Vega)

Hoxe alumnas de sexto tiveron a oportunidade de facer unha entrevista a dous profes do Ceip Isaac de Vega (Tenerife) que estes días están compartindo experiencias no noso colexio. Deixamos constancia cun par de imaxes e o podcast da entrevista.



31.1.23

Día da Paz e a non Violencia

 Como cada 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia. Este ano cambiamos a praza de Fefiñáns pola do concello, onde reuniuse unha boa cantidade de xente para acompañarnos.

Na lista de reprodución podedes ver as actuacións que levamos a cabo.



Queremos agradecer a colaboración do concello, da Policía Local, de Protección Civil e, sobre todo, de Alberto e Eduardo, da empresa Enercraft, que nos permitiron empregar os seus maletíns de enerxía cos que puidemos enchufar o altavoz que empregamos para o acto.

11.1.23

Festival de Nadal (fotos)

 O Festival de Nadal 2022 deixou moi bos momentos que quedaron inmortalizados na seguinte galería de imaxes que podedes ver se premedes na fotografía que acompaña esta publicación. Esperemos que vos guste!



23.12.22

Festival de Nadal

 Por fin regresamos ao salón José Peña para poder levar a cabo o noso tradicional Festival de Nadal, a continuación publicamos a lista de reprodución cos vídeos da xornad, esperemos que vos guste.



Visita dos Reis Magos

Hoxe recibimos a visita dos Reis Magos na escola, e o alumnado puido charlar con eles e compartir un anaco de tempo que resultou moi divertido. Para ver imaxes do día, premede na fotografía que acompaña esta publicación.

4.11.22

Samaín 2022

Nada pode co Samaín, nin a chuvia, nin a falta de espazo....
Podedes ver os vídeos dos nosos bailes nesta lista de reprodución