16.11.08

MAGOSTO













O Magosto,festa popular e tradicional, é unha das celebracións que máis se disfruta no cole.Os rapaces saíron ó patio ataviados con algún distintivo feito na clase para a ocasión ( caixiña para as castañas, colgante, cucurucho, visera...) Organizáronse por ciclos xogos tradicionais que lles encantan por non ser ós que eles xogan habitualmente:birlos, canicas, tragacastañas, carreiras de culleres, tiro da corda...Os nenos disfrutaron cos xogos e os profes acabamos, coma sempre, evocando o pasado cando nos tamén xogabamos. Mentras tanto os "mestres asadores"botaban fume, intentando asar tódalas castañas para a hora prevista.En canto estiveron listas os rapaces en filas foron recollendo o seu lote de castañas e comendo, algúns ata fartar.
Deica ó próximo Magosto!









No hay comentarios: