21.12.09

Belén de novela

Acabamos o belén e chegou o nadal. Aproveitamos todo o material elaborado nas aulas: os globos dos primeiros chegaron ó portal, que nesta ocasión foron os cantís gardados por 7 faros e cubertos por mariñeiros, exploradores, animaliños... feitos en plastilina.
O profundo océano Atlántico con cinco submarinos aboiando na superficie do mar, baixo o mando de tantos capitán Nemo e a súa tripulación. Entre as augas tamén vemos a fauna mariña co temible polvo, buzos, pescadores, xente tomando o sol... Quedou marabilloso! e os nenos e nenas recoñecen cada un dos elementos que o compoñen. Noraboa ó alumnado e ó profesorado!!!!








19.11.09

Adornos sacados de Xulio Verne

O noso vulcanólogo Carlos dándolle os últimos retoques ó volcán Sneffells de Islandia. Deseñado polo profesor Mon, está feito con tubos e papel. Un día destes empezará a botar fume polas chemineas, anque lume xa botou e asustou a medio colexio pensando que ardía o cadro eléctrico. Pero non...  eran bengalas.


A aquí xa está rematado. Os que léchedes "Viaxe ó centro da terra" xa coñecedes os misterios que o Sneffells garda dentro. Neste non podedes entrar pero si que lle podedes dar algunha volta arredor.
Lembrades ós protagonistas?, quen estivo a piques de morrer? O percorrido feito? A illa pola que regresaron? A vida de hai debaixo de nós según Xulio Verne? Se queredes, en poucos días ímovos poñer un trivial desta obra e poderedes contestar. E, os que ainda non léchedes a obra, estades a tempo de facelo para participar.

Xulio Verne

Os profes de extraescolares tamén adicamos algunhas das horas a poñer diante dos vosos ollos os "contos" de Xulio Verne. Durante a semana proxectamos para o 1º ciclo (4 cursos), durante as sesións de lectura -e algún tempo máis- "Da Terra a Lúa" e "Viaxe ó centro da Terra". Como os de 4º estaban cobicentos, pois tamén para eles foi a viaxe ata as profundidades do planeta.
    Para a vindeira semana tócanos " Dous Anos de Vacacións ". Primeiro o conto e logo a película de debuxos animados xaponeses.
      Dicir tamén que as imaxes das montaxes en power point están sacadas dos cómics da Editorial Bruguera, pero como os nenos non nos pediron nada e tampouco cobramos por eso, esperamos que a SGAE non se meta con nós. Estariamos aviados se nos piden porcentaxe!!!!

Xulio Verne

Volvemos como prometemos. Esta semana foi intensa tanto para alumnado coma profesorado. O ciclo de infantil xa está navegando no Nautilus e, fóra dun embarrancamento nas profundidades, non haberá quen os pare. Empezaron pola bibioteca, siguen polos corredores e a piques están de chegar á entrada. Claro, son 147 e ocúpano todo.

Medusas? Ainda están empezando... A cargo dos infantiles de 5 anos A, capitaneados pola profe Camino


Esta é a decoración das ventás da biblioteca. O fondo mariño que Nemo percorreu polos cinco continentes. Vai entre todos os Infantiles e as profes Meri, Belén, Emma, Susana, Marité, Camino, Elena e Victor.
O proxecto dun ollo de boi do Nautilus e o que se ve dende el.  Máis abaixo queda un dos ollos xa rematado.
                           
                               

Un fondo mariño. Cada un/a quere o seu submarino. faltaría máis!
Xa vos dicimos que están a empezar e vannos anegar. Senón, ó tempo...


Os de 6º do profe Tino elexiron a novela "O faro do fin do mundo" Agradécese que despois de ler a adaptación, 4 deles se meteran co título completo. Marabilloso!
Están facendo... faros! Cada un do seus pai e da súa nai, en grupos de 4. Ainda son proxectos pero xa conseguimos imaxes.

 Este leva pinta de Torre de Hércules

 
 Aquí, unha enxeñeira e tres capataces



 Posiblemente leve bombilla e todo...


Estes, ante a dúbida, comezaron polo mar. Agora, a reflexionar.

16.11.09

Colaboracións coa biblioteca


Queridos, queridas... Xa sabedes que dende a biblioteca este primeiro trimestre imos ler a Xulio Verne. De feito, xa estamos lendo. O noso departamento de actividades extraescolares, tal como vos prometemos, está a colaborar co de biblioteca para facervos as aprendizaxes máis divertidas a todos/as. Por iso, adaptámosvos unha morea de títulos. Pensamos que as obras de Verne son marabillosas para os nenos desde infantil ata  sexto, pero tamén nos damos conta de que os títulos publicados non son moi asequibles ás vosas idades, non polo que contan senón por como se contan. Na biblioteca xa tendes á vosa disposición:
- "20.000 leguas de viaxe submarina", adaptada en 50 páxinas con ilustracións a cor e traducidas ó galego
- "Viaxe ó centro da terra", con 43 páxinas e letra grande
- "O cabo do fin do mundo", semellante ós anteriores
- "Dous anos de vacacións"
-
- "Miguel Strogoff"
Ainda estamos traballando noutros títulos: A esfinxe dos xeos, o raio verde e o volcán de ouro

Tamén podedes ler en cómic. Dende a biblioteca mercáronse algúns cómics e, os que non puderon conseguir, buscámolos nas bibliotecas privadas do profesorado. Estes estámolos a traducir ó galego e xa dispoñedes de 8 títulos nos andeis da biblioteca. Todo en colaboración do departamento de Tics.

Para os pequeniños, algunha das persoas de extraescolares estavos a pasar en fotos os "contos" de Xulio Verne, pero mirade vos que tamén lles gustan ós maiores e fannos traballar o dobre, anque nós encantadas!
Tamén lles demos ás vosas profes algunhas películas destas novelas que buscamos por canto sitio había. A biblioteca do cole conseguiu para os pequenos moitas en debuxos, pero para maiores xa sabedes, pedídellas ás/ós profes, porque sabedes? Nos tamén temos que dar clase!

E, claro, como nos gusta tanto ler e enredar, queremos motivarvos con outras cousas como por exemplo algunhas das exposicións que xa estamos a montar. Pero, precisamos ainda un pouco de tempo, vale? Ánimo e a ler...

12.11.09

Festa do magosto

Por fín asamos as castañas, comémolas, bailamos e xogamos, xusto no día de San Martiño. A choiva ameazou máis non lle fixemos caso. Algúns/as de vós preguntástedes onde estaban os productos do porco e os froitos dos que vos falamos durante estes días... Que razón tendes! Pero tampouco é cousa de asar, cocer, fritir... O tempo pasa, chegan as 2:00, os rapaces e rapazas marchan e... quen vai comer tanta cousa, eh? Os mestres, Inés? Queredes que empachemos? Ainda así, parece ser que vos gustou o que fixemos entre todos/as. E nós encantados de rematar a semana do Magosto deste xeito festeiro. Vémonos na próxima... Mandámoslle un bico a Juan, Guadalupe, Mari Carmen e Jaime. Sentimos que o perderades. E agradecémoslle ás pandereteiras de 6º e ós gaiteiros de 4º as cantigas e a música.

9.11.09

Ainda quedan algunhas actividades máis....



Ainda que xa estades a traballar algunha destas actividades nas aulas, queremos deixárvolas tamén aquí para que xoguedes desde a casa, as imprimades para os vosos irmáns/ás... Sorte!!!

PASAPALABRA



AFORCADOS


CANTO SABES


ENCRUCILLADOS




En novembro... O Magosto

Organización de actividades:

1. Xoves 5, proxección por ciclos no ximnasio das CORES,FROITOS e FESTAS de outono.









Xa volvemos ó blogue. Tendes razón aqueles/as que o esixiades, pero xa estamos en funcionamento. E temos cousiñas que poñer aquí.
Primeiro, desexarvos a todos/as un felicísimo curso. Nós tentaremos facérvolo máis agradable e divertido no medio de tantas leccións, tantas cousas por aprender... pero iso tamén é moi bonito. Bueno. Xa empezamos colaborando coa Biblioteca e tamén temos organizado o magosto do vindeiro mércores. Virán o Nadal, o Día da Paz, os contacontos, o Antroido, o Espacio... Non esquezades tamén ir visitando os outros blogues do centro: Biblioteca, Música e Inglés.

23.6.09

ATA O VINDEIRO CURSO


Rematou o curso. Esperamos que as actividades realizadas foran do agrado de todos e que o vindeiro ano podamos superarnos. Disfrutade do verán e non esquezades que un libro é sempre o mellor compañeiro.

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

22.6.09

XOGOS MEDIEVAIS FIN DE CURSO

Como tódolos anos rematamos o curso con xogos osganizados e distribuidos por todo o patio. Este ano, non podía ser doutra maneira, foron xogos medievais. Houbo de todo:
zancos, tiro da corda, xustas, dianas, carreiras de sacos, catapulta, xogo da ra, a chave... e como non, xogos de auga e karaoke. Pasámolo todos moi ben. Témoslle que agradecer moitísimo ás mamás da AMPA o tempo que nos adicaron para preparar o famoso chocolate con churros que os nenos xa convertiron en imprescindible para uns xogos fin de curso exitosos.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º


O mércores 17 de xuño tivo lugar no colexio a despedida dos alumnos que rematan a Primaria. Foi coma sempre un acto moi emotivo á vez que esperado con bastantes nervios por parte dos rapaces de 6º.
Comenzou cunha proxección de fotos dos protagonistas en distintas actividades do colexio: magosto, antroido...e o mellor é que había fotos desde Infantil- sorpréndelles moito verse desde pequeniños ata agora-. A continuación todo o cole lle adicou a canción "Amigos para sempre". Despois fíxose entrega a cada alumno de varios agasaios como o diploma ou a foto do grupo. Logo os homenaxeados subiron ó escenario para ofrecernos unha actuación que como todas as preparadas coa profe de música resultou preciosa: musicaron e recitaron un poema de Cabanillas " Foi nun vello xardín" e cantaron e tocaron a canción " O verdegaio". Por último os alumnos de 5º lle adicaron coas flautas "Adiós con el corazón".