23.6.09

ATA O VINDEIRO CURSO


Rematou o curso. Esperamos que as actividades realizadas foran do agrado de todos e que o vindeiro ano podamos superarnos. Disfrutade do verán e non esquezades que un libro é sempre o mellor compañeiro.

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

22.6.09

XOGOS MEDIEVAIS FIN DE CURSO

Como tódolos anos rematamos o curso con xogos osganizados e distribuidos por todo o patio. Este ano, non podía ser doutra maneira, foron xogos medievais. Houbo de todo:
zancos, tiro da corda, xustas, dianas, carreiras de sacos, catapulta, xogo da ra, a chave... e como non, xogos de auga e karaoke. Pasámolo todos moi ben. Témoslle que agradecer moitísimo ás mamás da AMPA o tempo que nos adicaron para preparar o famoso chocolate con churros que os nenos xa convertiron en imprescindible para uns xogos fin de curso exitosos.

DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º


O mércores 17 de xuño tivo lugar no colexio a despedida dos alumnos que rematan a Primaria. Foi coma sempre un acto moi emotivo á vez que esperado con bastantes nervios por parte dos rapaces de 6º.
Comenzou cunha proxección de fotos dos protagonistas en distintas actividades do colexio: magosto, antroido...e o mellor é que había fotos desde Infantil- sorpréndelles moito verse desde pequeniños ata agora-. A continuación todo o cole lle adicou a canción "Amigos para sempre". Despois fíxose entrega a cada alumno de varios agasaios como o diploma ou a foto do grupo. Logo os homenaxeados subiron ó escenario para ofrecernos unha actuación que como todas as preparadas coa profe de música resultou preciosa: musicaron e recitaron un poema de Cabanillas " Foi nun vello xardín" e cantaron e tocaron a canción " O verdegaio". Por último os alumnos de 5º lle adicaron coas flautas "Adiós con el corazón".








16.6.09

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º CICLO

EXCURSIÓN AO CAMPING FIEITAS
O venres, 5 de xuño os rapaces e rapazas do 1º ciclo foron de excursión ao cámping Fieitas de O Grove.
O tempo xogounos unha mala pasada. As actividades que tiñamos previstas eran todas ao aire libre. Tiñamos que ter construído cabanas no monte, iriamos á praia… pero como nos choveu, iso non se puido facer. Pola contra fixemos outras actividades, algunhas dentro nos locais das instalacións e outras, cando escampaba fóra. Fixemos xogos, cantamos cancións, xogamos cun paracaídas, fixemos pan…Comemos no cámping e tamén merendamos.
A pesar do mal tempo foi divertido.









11.6.09

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2º CICLO

A excursión a Ourense, estaba programada polo profesorado dende o mes de outubro. A mañán do 5 de xuño non se levantou con moitas ganas de colaborar na nosa excursión, cando saímos chovía a mares e nós estabamos convencidos que en Ourense non chovería tanto. A verdade é que debido ao tempo e as comunións faltaron bastantes rapaces.
Cando chegamos, dirixímonos a Praza Maior onde está o concello xa que alí esperábanos uns monitores para ir ata a “Chabasqueira” facendo unha ruta de sendeirismo, pero o profesorado pensando en que se chovía polo camiño, non tiñamos onde abrigarnos, decidimos cambiar de ruta e visitar a cidade.
Unha guía veu con nós, explicounos a Praza Maior, as Burgas e cando estabamos na igresia de Sta María, empezounos a chover e tivemos que resguardarnos, estivemos un bo rato esperando a que escampase. Dali fomos ata o antigo cementerio que queda nunhas rúas detrás da catedral, despois vimos as casas recuperadas e unha das portas da catedral, observamo-las torres, o reloxio de sol... etc. E dirixímonos ata a porta principal onde nos explicou a fachada principal da catedral. Mentres estabamos decidindo se entrar ou non, empezounos a chover outra vez e tivemos que abrigarnos. Esperamos un pouco, pero non escampaba, decidimos coller o autobús e marchar para o parque “ Miño” a comer.
No parque había unhas mesas grandes de pedra cubertas por un tellado de tellas, alí estivemos estupendamente comendo. Parou de chover, os nenos xogaron no parque, mercaron xelados, outra cousa que lles encanta facer cando saen da casa.
As catro marchamos para “Outariz” onde están as outras pozas de auga termal. Empezounos a chover con ganas pero non desistimos, aparcamos, cruzamo-la ponte e aínda que chovía despois de cambiarse, o baño en auga quente a pesares da choiva, foi un relax para moitos. A proba do que digo e que no autobús, moitos quedaron durmidos.
A pesares da choiva, non o pasamos tan mal na excursión de fin de curso.






1.6.09

XAQUÍN XESTEIRA EN SAN TOMÉ

O pasado venres 28 de maio, os nenos e nenas do colexio tiveron a sorte de asistir, no ximnasio do cole, a un concerto didáctico sobre os instrumentos populares galegos.
Foi Xaquín Xesteira xunto cos seus fillos Roi e Anxo, os que nos fixeron pasar uns bos momentos disfrutando da música tradicional.
Faláronnos da clasificación dos instrumentos, de como se tocan, das súas posibilidades sonoras e sobre todo escoitamos o ben que soan nas mans dos bos músicos. Trouxeron tarrañolas, charrasco, canaveira, pandeiro, pandeireta, tambor, bombo, culleres, cunchas, acordeóns, coñecemos os tipos e as partes da gaita e tamén a zanfona, instrumento de orixe medieval.
Aprendemos moitísimo e pasámolo moi ben!!!