1.6.09

XAQUÍN XESTEIRA EN SAN TOMÉ

O pasado venres 28 de maio, os nenos e nenas do colexio tiveron a sorte de asistir, no ximnasio do cole, a un concerto didáctico sobre os instrumentos populares galegos.
Foi Xaquín Xesteira xunto cos seus fillos Roi e Anxo, os que nos fixeron pasar uns bos momentos disfrutando da música tradicional.
Faláronnos da clasificación dos instrumentos, de como se tocan, das súas posibilidades sonoras e sobre todo escoitamos o ben que soan nas mans dos bos músicos. Trouxeron tarrañolas, charrasco, canaveira, pandeiro, pandeireta, tambor, bombo, culleres, cunchas, acordeóns, coñecemos os tipos e as partes da gaita e tamén a zanfona, instrumento de orixe medieval.
Aprendemos moitísimo e pasámolo moi ben!!!



1 comentario:

paula(: dijo...

Amin gustame moito a musica (toco o piano) pareceume moi interesante que Xaquin volvera polo cole.ANXO,ROI E MIGUEL tocaron moi ben roi e miguel estan na miña clase de solfeo.
Os profes que tocaron ao final tamen estiveron XENIAL.

PAULA ROMERO 5ºB