7.2.10

ENTROIDO 2010


ANTROIDO 2010
C
ANTROIDO 2010


 Non somos de Ourense pero o noso antroido xa comenzou. Durante a semana pasada recibimos as máscaras siderais que este ano propuxemos ás familias do noso alumnado para que colaboraran coa escola. E, coma sempre, a pedir de boca! Dito e feito. De todos os tamaños, cores, formas, artelladas, en volumen, con luces e, ata de madeira e todas elas con motivos espaciais. Por que? Pois porque imos comenzar co proxecto do estudo do espacio que nos vai levar o que falta de curso. E sobre esto tamén irá a celebración do antroido o venres 12.
Da gusto con vos!
Para os que ainda non viñerades á escola ver a exposición, deixámosvos este curto para que vos animedes a vir ata o colexio. Grazas.

No hay comentarios: