28.2.10

Estudio do Espacio

Xa empezamos a estudiar o Espacio e o equipo de extraescolares queremos colaborar coa Biblioteca -e con vos- facéndovos a investigación máis doada. Cada ciclo elexíchedes un aspecto concreto: planetas, estrelas, astrónomos e aparellos, astronáutica, satélites, o espacio profundo... e para que todos saibades, mellor dito, vexades o que noutras aulas se está a facer, nós imos ir ós poucos ensinándovos en que estrela ou planeta andan os da clase do lado. Hoxe preparamos unhas imaxes sorprendentes do que hai máis alá da nosa vista pero que están por enriba de nós: As Nebulosas. Esperamos que vos gusten. Logo contarémosvos máis cando vos visitemos polas aulas. Chao!!

No hay comentarios: