24.3.10

Estudio do Espacio

Os planetas e as lúas do noso Sistema Solar teñen unha gran variedade de cores e texturas. Algúns vense brancos, lisos e tranquilos; outros están cheos de cores mesturados con crateres e volcáns. Se hai tanta variedade entre os planetas e as lúas do noso propio sistema solar, imaxiba os mundos tan estranos que existen arredor do outras estrelas!!!
Sen importar a apariencia de cada un destes elementos, podiamos pensar que o Sol, os Planetas e as Lúas teñen o mesmo tamaño, pero non é certo!
Paréceche grande a Terra? Pois Xúpiter ten 317 veces máis masa que A Terra.... e  Saturno? Este é 95 veces máis masivo ca o noso Planeta. Sen embargo, a pesares desto, o Sol contén o 99,86% da masa de todo o sistema solar. É dicir, o noso Planeta non é unha formiga comparado cun mastodonte.
Na imaxe que segue podemos ver mellor os tamaños do sol e dos planetas comparados entre eles. 

E que dicir das Lúas? A nosa parece cativa comparada coas de Xúpiter, non si? Pero anque pequena fai moi ben o seu cometido. Na seguinte  imaxe compáranse os tamaños das lúas dos diferentes planetas con repecto ó tamaño do Planeta Terra. 
Recomendámosvos que visitedes esta páxina. É unha de tantas que resulta moi interesante. A información que dá é escasa, pero para completala lembrádevos de usar os libros de consulta da biblioteca. Esta páxina tamén ten xogos, como facer....?. Mirádea

Excursión Siradella

Onte foron os alumnos e alumnas de 5º e hoxe tocoulle ó alumnado de 6º saír cos seus titores ata a Lagoa Bodeira, na Siradella, para ver os paxaros. Estiveron acompañados por monitores/as que os dirixiron na actividade. O comportamento foi excelente e viñeron encantados/as do que tal viron. Menos mal que foron abrigadiños porque os de 5º, a poco máis, pasan a formar parte da paisaxe en forma de estatuas de xeo.
Non lles importou tirarse ó chan,Ainda se lembran dos nomes de moitas das aves que viron a través dos catalexos!

Algunhas fotos para lembrar a saída quédanvos de seguido.






7.3.10

Estudio do espacio

Queremos aclararvos algunhas cousas sobre o Trivial da Lúa.

Se queredes velo a pantalla completa, tendes que picar na ventá cadrada que está xusto enriba da palabra TRIVIAL. Cando queirades sair da pantalla completa, pulsade o botón ESC do voso teclado. Se picades na ventá I podederes ver unha estadística das respostas que déchedes. Ah! outra cousiña: cando elexides unha resposta e picades sobre ela veredes que o número se converte nun círculo. Se a resposta é incorrecta debedes volver a picar sobre esa opción ata que apareza outra vez o número inicial senón sempre vos dará resposta incorrecta.

Grazas polo comentario. Seguro que esto vos sirve.

ESTUDIO DO ESPACIO

O equipo de extraescolares quere "provocarvos" con este trivial sobre a Lúa. Dámosvos moi pouca información así que tendes que poñer da vosa parte. Cantas seredes capaz de contestar?

Se vos gusta pedídenos máis.