3.7.10

Despedida e Peche

Este último post vai adicado ó profesor Juan Maceira que nos deixa por xubilación. Compartimos con el máis de 20 anos de profesión. Sempre estivo nos momentos importantes, tanto nos divertidos coma nos difíciles. Ademáis de encargarse das titorías, foi secretario da escola, traía as pombas nos Días da Paz, facía teatros dentro e fóra de San Tomé, asaba as castañas nos magostos, ensinounos papiroflexia, bailaba, tocaba a pandeireta, cantaba nos festivais... Desexámoslle que sexa moi feliz nesta nova estapa da súa vida e pedímoslle que nos visite sempre que queira porque foi unha honra telo de compañeiro. Un abrazo de todos e cada un dos profes que ainda quedamos en San Tomé e de outros moitos que foi coñecendo ó longo da súa profesión.
Co seu permiso -máis ben sen el- deixámosvos algunhas fotos do profe Juan e con elas despedímonos ata setembro. Feliz verán a todos e todas.

         Un dos Magostos nos que o profe Juan tiznaba as caras dos nenos.
   Aquí arrancou con Inés, na Calzada, un día das Letras Galegas.
      Non lle tiña medo a nada! Na mostra de cetrería atreveuse cun "paxariño"
      Este foi o día que estrenamos o Karaoke nos xogos de fin de curso.
   E aquí, agasallándonos con bombóns o último día que estivo na escola.

Vémonos en setembro!!!

Despedidas do cole

Nestes últimos días de cole vivimos momentos emocionantes e difíciles. Despedimos a unha nova promoción, aqueles alumnos que comezaron os estudos con nós alá polo ano 2001. Sempre é duro dicir adeus anque para os mestres e mestras encargados da súa formación durante estes primeiros e decisivos momentos ven sendo un orgullo. Tivéchedes 8 titores e titoras: Manoli e Camino en Infantil; Pilar e Tina en 1º ciclo; Mª Carmen eAdela e 2º ciclo e, por fin, Teresa e Tino no 3º ciclo, máis os/as especilistas Elena, Guadalupe e Eva, Carlos e Mónica. Nós non vos esqueceremos pero sabemos que dentro duns anos vós acordarédesvos un pouquiño destes primeiros mestres e mestras.
Que todo vos vaia como queirades. Esforzádevos nos estudos e tende moito sentidiño. Un bico para cada un/unha de vós. O profesorado de San Tomé.