19.10.10

RUTA " PASTORA - UMIA " (1º Ciclo Primaria)

O primeiro día de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º, collemos as mochilas coa merenda e fomos facer a ruta de senderismo “Pastora-Umia”.
Visitamos o monte da Pastora e vimos cómo o outono fai que as árbores e plantas muden o seu aspecto.
As cores das follas cambian, e, pouco a pouco caen, deixando espidas as nosas árbores.
O profe Mon explicounos un montón de cousas, e ata nos fixo unha coroa cunhas follas.
Tamén camiñamos pola beira do río Umia e vimos un corvo mariño comendo un gran peixe!
Tanto camiñamos... pero pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas, polo que animamos a todos os nenos e nenas a meter o bocadillo na mochila e descubrir novos camiños.
Un saúdo e ata a próxima!










No hay comentarios: