15.2.11

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA (INGLÉS)

O Ministerio de Educación convoca axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2011. O prazo de solicitude finaliza o 7 de marzo de 2011. Os posibles beneficiarios serán só alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1ºde Secundaria.
Ler aquí toda a información.

6.2.11

"O TRABALLO DOS DE ANTES CONSEGUIU A PAZ DOS DE AGORA"

Durante estas semanas viñeron varios avós a falarnos dos seus traballos: unha redeira, unha mariscadora e un mariñeiro.
Para 5º veu o señor Andrés Rey Cores.
Hoxe estivo connosco o avó de Sara para explicarnos un pouco a súa profesión de mariñeiro.
En principio fomos á clase de 5º B e nos sentamos para escoitar as contestacións das preguntas que lle estabamos facendo. El tiña moitas historias que a todos nos encantaron. Por fin chegou a hora, tocábame a min facerlle unha pregunta, non sabía cal preguntarlle porque tiña tantas... acabei por decidir, a pregunta foi:
Vostede cre que desaparecerán os mariñeiros? Contestoume cunha simple resposta: Non! Se desaparecesen os mariñeiros nadie podería vivir porque sen peixe morreriamos porque e necesario e fai falla para a nosa alimentación.
Contounos moitas cousas de cando estivo en barcos mercantes e díxonos os nomes dalgúns: Santos, Mar e Calma... seguimos preguntándolle e el seguíu contestándonos con moito gusto, foi moi amable connosco e de repente acabarase a charla , nos estabamos desilusionados porque queriamos seguir preguntándolle máis cousas pero démoslle as gracias por vir e darnos esa fabulosa charla.
LAURA GONZÁLEZ, 5º A