25.12.12

FESTIVAL DE NADAL

Aquí están as fotos do Festival de Nadal ordeadas por ciclos: Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo e 3º Ciclo. Se queredes ver os vídeos das actuacións podedes facelo accedendo a web de San Tomé.

17.12.12

BELÉN INTERCULTURAL

Coa información recollida polo Equipo de Biblioteca, que nos amosou no Lectoriño, aprendemos un montón de cousas sobre o Machu Pichu  e así quedou a nosa particular visión deste exemplo de arquitectura inca no Perú considerado coma unha das sete marabillas do mundo. Iso sí, o noso Machu Pichu é do máis intercultural...

2.12.12

MANUALIDADES DE NADAL

Pincha na foto e poderás acceder a unha páxina chea de ideas sobre decoración no Nadal.

23.11.12

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Podemos atopar un montón de recursos no blog O RECANTO DE MIK

FACENDO "ESPETADA DE FROITAS"

Como disfrutaron os nenos e nenas de 2º facendo esta receita! Seguro que as espetadas estaban boísimas!

19.11.12

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O martes 20 celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Ademáis de ver este precioso vídeo, podemos atopar máis recursos no blog Aula Tic.

11.11.12

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Este ano tivemos sorte co tempo e disfrutamos dun día estupendo para a celebración. Contamos coa presencia dos mestres Tino e Mon que viñeron a visitarnos e, como non, a botar unha man aos "mestres fogoneiros"; botamos de menos ao profe Juan que non podía vir.
Houbo música, un montón de xogos e sobre todo moitas castañas, que coma sempre estaban boísimas...

8.11.12

MANUALIDADES PARA O MAGOSTO

Xa se apuran os preparativos para a celebración do Magosto o venres, e a meirande parte dos nenos xa teñen rematada a súa bolsiña para meter as castañas; fixádevos ben porque cada cal é máis orixinal......

                                                                     INFANTIL


1º PRIMARIA


2º PRIMARIA

3º PRIMARIA
                                      

1.11.12

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN - HALLOWEEN

Este mércores 31 San Tomé convertiuse nun cole terrorífico: por tódalas esquinas aparecían bruxas, esqueletos, fantasmas e todo tipo de monstros. A verdade é que a celebración cada ano vai a máis, por non falar da enorme participación dos nenos e as familias na elaboración das cabazas, que este ano superaron tódalas expectativas en canto a calidade e cantidade, ata tivemos que habilitar un espacio máis para poder expoñelas todas. MOITAS GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.




 MONSTROS PREPARÁNDOSE PARA A ACTUACIÓN NO RECREO (tocaron, cantaron e bailaron unha canción de Samaín e unha de Halloween)

MANUALIDADES DE SAMAÍN - HALLOWEEN

Os nenos e nenas de 2º pasaron o seu traballiño para confeccionar estes preciosos broches de bruxas pero mirade que ben lles quedaron e que orgullosos os lucen...

31.10.12

DECORACIÓN SAMAÍN / HALLOWEEN

Aínda que no cole o Halloween e o Samaín sempre foron da man, este ano as mestras de música e inglés quixeron facelo máis evidente adornando as portas das súas aulas cun tenebroso castelo que fai mención as dúas celebracións. A interculturalidade (Proxecto da Biblioteca) segue a amosar por tódolos rincóns de San Tomé.

28.10.12

XUBILACIÓN DO PROFE MON

Con moita alegría dixémoslle ata sempre ao profe Mon. Xubilámolo!
Con moita alegría porque el o quería, porque Mon leva case 40 anos traballando con nenos e para os nenos, e ben merecido (e gañado) ten o retiro. Tamén con moita alegría porque sabemos que seguirá axudándonos, dándonos ideas, armando historias, facéndonos rir, debuxando e inventando; seguirá visitándonos... Digamos, entre nós, que pasa á reserva.
Cando miremos pola ventá ou cando esteamos no recreo fixarémonos e seguro que o veremos coa cámara diante dos ollos retratando bichiños, flores, pedras, follas de cores...acompañado da súa cadela Xea.
Por iso, estamos contentos de celebrar os seus desexos cun gran abrazo e moitísima emoción.
Ata calquera día...pois sigue a facernos moitiña falta.

25.9.12

Excursión a Baión e á Ruta da Auga (1ºCiclo Primaria)

O pasado venres os alumnos de 1º e 2º de Primaria realizaron unha saída didáctica. Dous foron os destinos; comezaron no Pazo Baión, onde aprenderon todo sobre o proceso de elaboración do viño. Alí disfrutaron das espectaculares instalacións que ten o Pazo, e, grazas ao labor das monitoras, non quedaron con dúbida algunha.
Acto seguido desprazáronse ata a Ruta da Pedra e da Auga, entre Ribadumia e Meis, onde fixeron un tramo da mesma na zona da Aldea Labrega. 
A continuación tedes imaxes da xornada.


12.9.12

VOLTAMOS Ó COLE!!!


BENVIDOS DE NOVO A SAN TOMÉ! Xa vos esperamos cun montón de actividades para todos...

29.6.12

FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS EN SETEMBRO!

AGORA SI QUE TEREMOS MOITO TEMPO PARA LER ...

22.6.12

DESPEDIMOS Ó PROFE TINO

O profe Tino deixa San Tomé por xubilación. Formou parte da vida deste cole durante motísimos anos e estivo sempre disposto a compartir, axudar, asesorar... nos bos momentos e tamén nos difíles e por iso ímolo botar de menos tanto os compañeiros coma os rapaces, cos que tiña unha conexión moi especial. Pero estamos seguros que a súa nova vida lle traerá tamén magníficos momentos e por iso alegrámonos por el e esperamos que isto non sexa unha despedida senón un ATA SEMPRE...



ÚLTIMO DÍA: XOGOS !!!!!!














21.6.12

DESPEDIMOS ÓS ALUMNOS DE 6º

Hoxe, un ano máis, despedimos a unha nova promoción que remata a Primaria. Para homenaxealos baixamos todos ó ximnasio e comezamos cunha proxección de fotos dende que chegaran a San Tomé, alá por Infantil; para todos é moi emocionante velos tan pequeniños. A continuación fíxoselles entrega dos diplomas e fotos así como un agasallo por parte da ANPA. Logo os protagonistas fixeron a súa actuación tocando e cantando a canción de "Titanic". Os alumnos de 5º tocaron coa flauta "Adiós con el corazón " e por último todos lles cantamos "Amigos para sempre". Entre sorrisos e algunha bágoa cremos que disfrutaron da homenaxe; os que seguimos en San Tomé dende logo que si e esperamos que todo lles vaia moi ben, que sigan traballando moito e sobre todo que sexan boas persoas .
NON VOS ESQUEZADES DE NÓS PORQUE AQUÍ SEMPRE VOS LEMBRAREMOS...









23.4.12

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Con todo o material elaborado durante o curso sobre Rodari: contos, poesías, rimas, xeroglíficos, por ques, chistes, adiviñas, ata contos musicados... a profe Elvira gravou un vídeo no que cada grupo de rapaces amosaba o seu traballo.
O día 23 os nenos foron baixando ó hall de entrada para ver o vídeo no que eles eran os protagonistas; así puideron ver os seus traballos e máis os de tódolos compañeiros. Resultou unha actividade moi bonita.