16.3.12

ANXO MOURE EN SAN TOMÉ

O venres 16 tivemos en San Tomé a sorte de contar coa presencia de Anxo Moure, o contador de CONTOS SOLIDARIOS, coñecido como o “ECOPACIFISTA” de Chantada, ou o “ATRAPADOR DE CONTOS” que axudou a promover os proxectos PAPAVENTOS ou BICIS POLA PAZ.
Chegou montado no seu PAZTINETE e nos fixo disfrutar da súa peculiar maneira de contar contos utilizándoos como unha ferramenta para cambiar o mundo, denunciando as inxusticias e potenciando valores como a paz, o amor, a solidaridade, o cuidado da natureza...