31.1.13

Conmemoración do Día da Paz

Durante o día de hoxe celebramos o Día da Paz.  Nun bonito acto plurilingüe (cantouse en castelán, galego e inglés) que tivo lugar nas pistas do patio do colexio tivemos a oportunidade de ver actuacións con paos chineses e cantando "Sólo con tres letras" aos que se engadiron as frautas para tocar e cantar "What a wonderful world", para despois bailar e cantar ao son de Luar na Lubre "No mundo" e  disfrutar das tradicionais soltas de pombas e do globo; como colofón, un multitudinario "Gangnam Style". Se queres vivir de novo estes momentos bótalle unha ollada ao vídeo.

SAÍDA Á CORUÑA (3º Ciclo)

O mércores 30 os nenos de 5º e 6º fixeron unha saída á Coruña para visitar os Museos Científicos (Acuario, Domus e Casa das Ciencias). Aprenderon moitas cousas pero sobre todo pasárono moi ben.

A Paz para os "maiores"

Se na entrada anterior vimos o que opinaban os peques do cole sobre a paz, agora é o turno dos alumnos/as do 2º e 3º ciclo.

Que é a paz para os pequenos do cole?

Para conmemorar o Día da Paz os nenos de Infantil e do 1ºciclo viron este vídeo no que eles mesmos eran protagonistas explicando o que é a paz para eles.

26.1.13

XA SE ACERCA O ENTROIDO.......

Mirade cantas cousas podemos aprender sobre o Entroido en Galicia xogando... Visto en BIBLIOTICS E coma sempre un montón de recursos no blog O RECANTO DE MIK

16.1.13

MURAL DA INTERCULTURALIDADE (2º CICLO)

Co lema "O MUNDO É MÁIS INTERESANTE SE O FORMA XENTE DIFERENTE" os nenos e nenas de 3º e 4º (2º Ciclo de Primaria) fixeron este precioso mural. Que artistas¡¡¡

13.1.13

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA A PAZ

Agradecementos á mestra Mª Asunción García Álvarez por compartir o seu traballo.
ACTIVIDADES LIM sobre a PAZ. Recursos BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR