VÉMONOS EN SETEMBRO !!!
24.6.13
DESPEDIMOS Á PROFE Mª CARMEN AGUÍN
Este curso temos que despedir a outra profesora que se nos
xubila. Leva 39 anos de profesión e ainda que percorreu algún que outro colexio
de noviña, a maior parte da súa vida como mestra estivo en San Tomé.
Sacou adiante como titora a moitas promocións. Ela
contribuiu a formar persoas e profesionais que hoxe son mariñeiros,
médicas, excelentes ebanistas… pero o importante é que fixo de moitos dos seus
alumnos persoas honradas, traballadoras e críticas. Con Mari Carmen váisenos
tamén unha defensora da lingua, da escola para todos, da xustiza, da igualdade
de oportunidades… Pero dicirlle dende aquí, que no cole quedamos ainda moita
xente (profes, pais, nais e alumnos/as) que temos as mesmas arelas que ela,
que coincidimos en moitas cousas e por elas –e polo noso alumnado- seguiremos
traballando como o fixo Mari Carmen Aguín.
20.6.13
DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 6º
Xa remata o curso e coma tódolos anos despedimos a unha magnífica promoción de alumnos que viviron a súa homenaxe con moita emoción entre nervios, risas, bágoas, recordos ...
O acto comezou cunha proxección de fotos dende que chegaran ó cole, alá por Infantil; logo houbo a entrega de diplomas e fotos; a continuación dúas alumnas, Antía e Jimena, en representación dos seus compañeiros, leron un discurso precioso e cheo de emotividade; despois os protagonistas cantaron e tocaron "Somewhere over the rainbow"e os nenos e nenas de 5º adicáronlle "Adiós con el corazón".
Todos cantamos "Amigos para sempre" e como remate final, homenaxeados e público bailamos ó ritmo de "Limbo".
UN BICO MOI FORTE PARA TODOS ELES/ELAS
MOITA SORTE NA ESO E ATA SEMPRE
Se queredes ver fotos do acto de despedida premede aquí
EXCURSIÓN DE 5º A BAIONA E SANTA TREGA
O mércores 19 os nenos e nenas de 5,º coas súas profes, fixeron unha excursión estupenda:
Pola mañá, visita guiada polo casco histórico de Baiona e subida á Virxe da Rocha.
O mediodía foi o mellor: baño na praia de Baiona, a carón da Fortaleza de Monterreal; xantar e xogos.
Xa pola tarde, visita guiada ó Castro de Santa Trega, onde lles explicaron a forma de vida e costumes dos seus habitantes.
Un día completiño !!!

12.6.13
EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA
Os nenos e nenas de 6º foron a Manzaneda de excursión de fin de curso e non imaxinades o ben que o pasaron ... fixeron escalada, béisbol, montaron a cabalo, conduciron karts, tiraron con arco, xogaron ó golf, disfrutaron na piscina e sobre todo ... BAILARON NA DISCOTECA!
Toda unha experiencia para despedir esta etapa, que seguro que botarán de menos , pero que os fai afrontar o futuro con moita ilusión.
Se queres ver as máis de 500 fotos, preme aquí
Toda unha experiencia para despedir esta etapa, que seguro que botarán de menos , pero que os fai afrontar o futuro con moita ilusión.
Se queres ver as máis de 500 fotos, preme aquí
5.6.13
EXCURSIÓN DO 2º CICLO Á "CASA DO QUEIXO"
Os nen@s de 3º e 4º visitaron onte “A casa do Queixo” en Sobrado dos Monxes, A Coruña.
Fixeron talleres de
arxila, plantaron pementos na horta, fixeron queixo, traballaron no monte e
viron moitos animaliños: ovellas, porcos, vacas, avestruces,
cabalos, ponis, coellos, galos, ocas…
A que aproveitaron ben o día?
EXCURSIÓN DO 1º CICLO A SAN VICENTE
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria foron de excursión a San Vicente do Mar (O Grove), en concreto ao cámping de Fieitás.
Nada máis chegar foron recibidos polos monitores do cámping que xa non os abandoarían durante toda a xornada.
Pola mañá fixeron actividades na praia: enterránronse, fixeron castelos, xogos e remataron cun chapuzón para quitar as areas.
Despois de comer os nenos xogaron nas instalacións do cámping.

Xa pola tarde foron ao monte para facer novos xogos e construir cabanas nas árbores.
Sen dúbida, un día divertido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)