19.11.13

Saída Pastora - Umia (4º de Primaria)

Hai xa algún tempo os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron unha saída didáctica polo entorno do Umia e o monte da Pastora. Acompañados das súas titoras e do profe Mon aprenderon moitos sobre a biodiversidade da zona. Aquí tedes unha tira de imaxes da xornada:


Despois da saída quixeron agradecer a Mon a súa colaboración e para iso escribíronlle estas bonitas cartas:




















Ademais fixeron debuxos e redaccións sobre a xornada:







11.11.13

Magosto

A máis característica festa do outono é o Magosto. Este ano parecía que o tempo quería deslucila un pouco, pero as meigas aliáronse connosco e a chuvia deu unha tregua para que a disfrutásemos a tope.

Coma sempre contamos ca colaboración de mestres xubilados do cole. Deste xeito Juan, Tino e Mon puxeron todo o seu empeño en prender o lume e asar as castañas. Pero este ano tivemos unha incorporación máis, Mari Carme Aguín tamén nos visitou e compartiu xogos cos seus alumnos/as demostrando que aínda está en plena forma.

Como ben dixemos, a xornada comezou prendendo o lume e asando as castañas.


Mentres todo o proceso se levaba a cabo os nenos agardaron realizando diversos xogos co profesorado, grazas ao cese temporal da chuvia, puidemos facelos no patio exterior.


 Para repoñer forzas, nada mellor que rematar comendo as castañas asadas anteriormente, que, por certo, estaban deliciosas.


5.11.13

Samaín - Halloween

Durante toda a semana pasada pasada a celebración do Samaín - Halloween deixouse notar no Ceip San Tomé. Dende aquí queremos agradecer ás familias a súa colaboración á hora de traer cabazas, a exposición foi un éxito grazas á súa imaxinación.

A continuación poñemos fotos tanto das cabazas como da celebración do mércores:

 (Preme na imaxe para ver a exposición de cabazas)

(Preme na imaxe para ver as fotos da celebración)