20.12.14

Festival de Nadal 2014 (Vídeos)

Debaixo destas liñas tedes a lista de reproducción do Festival.



Fotos do Festival de Nadal 2014

Xa temos as fotos do Festival de Nadal deste curso; aquí poñémosvos unha tira de diapositivas, facendo click nela poderás acceder ao álbum.


18.12.14

Belén 2014 (e faros)

O equipo de Actividades Extraescolares agradécelles aos titores e alumnos de todo o cole a súa colaboración na realización do Belén deste ano.
Moitas grazas.
 Para ver máis imaxes, preme na fotografía:


17.12.14

Saída do terceiro ciclo (11-12-14)

O día 11 de decembro os alumnos de 3º Ciclo foron de excursión a Pontevedra para visitar o Museo e o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais). 
A visita foi interesante para eles e o pasaron moi ben.

Para ver imaxes, preme aquí.


26.11.14

Saída do 2º ciclo (19-11-14)

O día 19 de novembro os alumnos de 2º Ciclo de Primaria foron a Pontevedra para visitar o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) e ata saíron no xornal. 
Despois viron un Contacontos titulado: "Antía, Wamba e o regato pequeno" organizado por Afundación. Ao final gozaron todos un montón xogando nun parque.

A continuación mostrámosvos algunha imaxe da saída (preme na foto para ir ao álbum)


7.11.14

Magosto 2014

Como cada ano celebramos a festa do Magosto. A climatoloxía acompañou e puidemos disfrutar dunha xornada ao aire libre facendo diversos xogos e como non, comendo castañas.

Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum


1.11.14

Halloween 2014

Como cada ano os alumnos e alumnas do 3º ciclo fixeron unha actuación para o resto dos seus compañeiros de Primaria coa intención de darlle vida ao cole celebrando o Halloween.



30.10.14

Saída do 1º Ciclo á Armenteira

O día 24 de outubro os alumnos de 1º ciclo de Primaria saíron a facer "A Ruta da Auga e a Pedra". Pasárono xenial, andiveron moito e gozaron da natureza.

Para ver imaxes da xornada preme na imaxe:



21.10.14

Saía de 3º á Fundación Manolo Paz

O pasado mércores 1 de outubro de 2014 os alumnos de 3º de Primaria fixeron unha saída a pé a Castrelo para visitar a Fundación Manolo Paz.

Pasárono xenial e viron unha exposición de arte moi interesante.

Aquí tedes unhas imaxes da xornada (preme na iomaxe para acceder ao álbum)






20.6.14

Fotos do acto de despedida de sexto

Pinchando no seguinte enlace podedes acceder a 150 fotos do acto que fixemos onte para despedir aos nenos e nenas de sexto que deixan o cole.

https://plus.google.com/photos/115736039283683814309/albums/6026904016057546017

19.6.14

Despedida de sexto

Durante a mañá de hoxe levamos a cabo o emotivo acto da despedida dos alumnos/as de sexto de Primaria. Podedes ver nos vídeos diferentes momentos da despedida.











9.6.14

Excursión a Manzaneda

A semana pasada os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron a xa tradicional excursión a Manzaneda. Durante tres días disfrutaron de diferentes actividades na natureza. Aquí vos mostramos as imaxes:


13.5.14

Aprendendo oficios do mar

Esta mañá os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha saída didáctica moi interesante. Non tiveron que separarse moito do cole para visitar un parque de marisqueo, a lonxa, unha fábrica de xeo e un obradoiro de redeiras.

Deste xeito viviron moi de preto actividades relacionadas co mar, un dos motores económicos do noso entorno.
A continuación deixámosvos unha tira de imaxes da xornada.

22.4.14

Concerto de Pascua

Antes das vacacións de Semana Santa os alumnos de 5º e 6º fixeron un Concerto de Pascua para os seus compañeiros de Infantil e Primaria. Baixo a dirección da profe Mónica interpretaron a "Marcha Turca" de Mozart e "Edelweis".
A continuación podedes ver os vídeos:



3.4.14

Sesións de billarda no cole

Ao longo desta semana os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de xogar á billarda. Os encargados de impartir estas sesións foron Ángel e Xan, que xogan en equipos da Conferencia Rías Baixas da Liga Nacional de Billarda.
Se queredes saber máis sobre esta competición e sobre o xogo popular en sí, podedes visitar o blogue da Conferencia: http://www.conferenciariasbaixas.blogspot.com


28.3.14

Saída o 3º ciclo a Pontevedra

O pasado día 19 de marzo os alumnos/as do terceiro ciclo fumos de excursión a Pontevedra, a ver a obra de teatro ODAIKO – Vaia Circo (música de percusión). Andes diso, os de 6º fumos ao museo, e os de 5º fixemos un roteiro polas plazas máis  importantes da cidade de Pontevedra.

27.3.14

Saída a Pontevedra do 1º ciclo

O pasado martes os alumnos do 1º ciclo realizaron unha saída didáctica a Pontevedra. A primeira parte desta saída consistiu nunha visita ao novo edificio do Museo, onde vistaron varias salas acompañados dos guías, que fixeron un gran traballo e aos que queremos felictar e dar as grazas dende aquí.
Despois de facer un breve descanso na Alameda para repoñer forzas acudiron a unha obra de teatro titulada "Bon appétit". Resultou ser unha comedia protagonizada por tres simpáticos cociñeiros franceses aos que lles sucede de todo facendo un curso sobre comida galega.

A continuación, poñemos unhas cantas imaxes da xornada:


6.3.14

Fotos do Entroido 2014

Cuns días de retraso, pero xa temos aquí as fotos do recén rematado Entroido.



(Premendo na proxección pódense ver as fotos de unha en unha)

1.3.14

Vídeos do Entroido

A continuación podedes ver os dous vídeos da celebración do Entroido 2014, un corresponde ao desfile de entrada e o outro á actuación conxunta cantando "O caneco de Entroido".





Ensaios para o Entroido

Para que unha actuación teña éxito é necesario facer un traballo previo. Durante a toda a semana os nenos e nenas do colexio ensaiaron unha e outra vez baixo a batuta de directora de orquestra habitual, a profe Mónica. Aquí vos deixamos o derradeiro ensaio cos alumnos de Primaria e Infantil.





30.1.14

Celebración do Día da Paz

A climatoloxía portouse ben e dese xeito o programa previsto para este Día da Paz non sufriu alteracións. A xornada comezou con todos os alumnos do colexio cantando e bailando a canción "Los niños queremos la paz". Despois procedeuse á solta de pombas, que resultou tan espectacular coma sempre; para continuar co despegue do globo que chegou ata o "infinito e máis alá".

Xa no ximnasio os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron dous pases da actuación que tiñan preparada e coa que cautivaron aos seus compañeiros de Ed. Infantil e o resto de Primaria.

A continuacións deixámosvos imaxes e vídeos dos diferentes momentos deste inesquecible día.




 (Se premes enriba da tira de imaxes accederás ao álbum onde poderás descargar aquelas que vos interese)

(O primeiro vídeo contén a canción, as pombas e o globo, os outros dous vídeos son os pases para Infantil e Primaria da actuación de 5º e 6º)

29.1.14

O Eco de Mandela

Este ano o Día da Paz ten un protagonista moi especial, Nelson Mandela. Por iso sacamos unha edición especial do Eco de San Tomé dedicada a esta personaxe histórica e irrepetible. Nesta portada participaron activamente todos os alumnos e alumnas do colexio xa que a cada curso lle foi asignada unha nova relacionada co homenaxeado.
Podedes vela na entrada do corredor principal, xunto ás oficinas do centro.


Mañá teremos máis actos para conmemorar este día e publicaremos unha entrada con imaxes e vídeos das actividades realizadas.

2.1.14

Mariña Dolado, gañadora do concurso de tarxetas de Nadal

A alumna de 4º Mariña Dolado resultou gañadora do consurso de tarxetas de Nadal que promoveu a Asociación Cambados Zona Centro. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e mostramos o dibuxo co cal acadou o premio.