30.1.14

Celebración do Día da Paz

A climatoloxía portouse ben e dese xeito o programa previsto para este Día da Paz non sufriu alteracións. A xornada comezou con todos os alumnos do colexio cantando e bailando a canción "Los niños queremos la paz". Despois procedeuse á solta de pombas, que resultou tan espectacular coma sempre; para continuar co despegue do globo que chegou ata o "infinito e máis alá".

Xa no ximnasio os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixeron dous pases da actuación que tiñan preparada e coa que cautivaron aos seus compañeiros de Ed. Infantil e o resto de Primaria.

A continuacións deixámosvos imaxes e vídeos dos diferentes momentos deste inesquecible día.




 (Se premes enriba da tira de imaxes accederás ao álbum onde poderás descargar aquelas que vos interese)

(O primeiro vídeo contén a canción, as pombas e o globo, os outros dous vídeos son os pases para Infantil e Primaria da actuación de 5º e 6º)

29.1.14

O Eco de Mandela

Este ano o Día da Paz ten un protagonista moi especial, Nelson Mandela. Por iso sacamos unha edición especial do Eco de San Tomé dedicada a esta personaxe histórica e irrepetible. Nesta portada participaron activamente todos os alumnos e alumnas do colexio xa que a cada curso lle foi asignada unha nova relacionada co homenaxeado.
Podedes vela na entrada do corredor principal, xunto ás oficinas do centro.


Mañá teremos máis actos para conmemorar este día e publicaremos unha entrada con imaxes e vídeos das actividades realizadas.

2.1.14

Mariña Dolado, gañadora do concurso de tarxetas de Nadal

A alumna de 4º Mariña Dolado resultou gañadora do consurso de tarxetas de Nadal que promoveu a Asociación Cambados Zona Centro. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e mostramos o dibuxo co cal acadou o premio.