28.3.14

Saída o 3º ciclo a Pontevedra

O pasado día 19 de marzo os alumnos/as do terceiro ciclo fumos de excursión a Pontevedra, a ver a obra de teatro ODAIKO – Vaia Circo (música de percusión). Andes diso, os de 6º fumos ao museo, e os de 5º fixemos un roteiro polas plazas máis  importantes da cidade de Pontevedra.

27.3.14

Saída a Pontevedra do 1º ciclo

O pasado martes os alumnos do 1º ciclo realizaron unha saída didáctica a Pontevedra. A primeira parte desta saída consistiu nunha visita ao novo edificio do Museo, onde vistaron varias salas acompañados dos guías, que fixeron un gran traballo e aos que queremos felictar e dar as grazas dende aquí.
Despois de facer un breve descanso na Alameda para repoñer forzas acudiron a unha obra de teatro titulada "Bon appétit". Resultou ser unha comedia protagonizada por tres simpáticos cociñeiros franceses aos que lles sucede de todo facendo un curso sobre comida galega.

A continuación, poñemos unhas cantas imaxes da xornada:


6.3.14

Fotos do Entroido 2014

Cuns días de retraso, pero xa temos aquí as fotos do recén rematado Entroido.



(Premendo na proxección pódense ver as fotos de unha en unha)

1.3.14

Vídeos do Entroido

A continuación podedes ver os dous vídeos da celebración do Entroido 2014, un corresponde ao desfile de entrada e o outro á actuación conxunta cantando "O caneco de Entroido".





Ensaios para o Entroido

Para que unha actuación teña éxito é necesario facer un traballo previo. Durante a toda a semana os nenos e nenas do colexio ensaiaron unha e outra vez baixo a batuta de directora de orquestra habitual, a profe Mónica. Aquí vos deixamos o derradeiro ensaio cos alumnos de Primaria e Infantil.