13.5.14

Aprendendo oficios do mar

Esta mañá os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha saída didáctica moi interesante. Non tiveron que separarse moito do cole para visitar un parque de marisqueo, a lonxa, unha fábrica de xeo e un obradoiro de redeiras.

Deste xeito viviron moi de preto actividades relacionadas co mar, un dos motores económicos do noso entorno.
A continuación deixámosvos unha tira de imaxes da xornada.