21.12.15

Festival de Nadal 2015

Un ano máis o día 18 de decembro celebrouse o Festival de Nadal onde toda a Comunidade Educativa tivo a oportunidade de gozar dunha mañá moi especial. Podédelo comprobar aquí, porque unha imaxe vale máis que mil palabras.
BO NADAL!!!





CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS


20.12.15

Festival de Nadal 2015

Xa temos as actuacións do Festival na nosa canle, deixámosvos aquí a lista de reprodución para que as vexades as veces que desexedes.



Bo Nadal!










17.12.15

Os Reis Magos chegan a San Tomé

Hoxe na escola houbo unha visita un tanto especial para os rapaces: a chegada duns Reis Magos de altura. Todos o alumnado dende Infantil ata 6º de Primaria tivo a oportunidade de saudalos e obter un pequeno agasallo de parte da súas maxestades. 





CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS 

Saída a Pontevedra de 1º e 2º

O pasado día 9 de decembro o alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo de excursión en Pontevedra cidade. Visitaron a estación de autobuses e a estación de trenes. 
Merendaron dando un paseo polo río Gafos ata chegar ao edificio de Afundación onde gozaron coa obra de teatro " Lío en la granja".

















CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

10.12.15

Xadrez na escola

O día 27 de novembro o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria disfrutaron dunhas xornadas educativas de xadrez da man duns xóvenes monitores do obradoiro de emprego do Concello de Cambados. Aprenderon os movementos básicos e xogaron unha partida rápida, a experiencia resultou todo un éxito.


















CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

27.11.15

Saída de 3º e 4º de primaria a Pontevedra

O día 18 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria foron a Pontevedra para gozar da obra de teatro "Nana para un soldado" organizada por Afundación. Despois degustaron a súa media mañá no parque da Illa das Esculturas onde tamén o pasaron xenial.



                                      CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

12.11.15

Teatro "O espantallo amigo"

Os nenos de 2º a 6º de primaria tiveron a oportunidade de disfrutar dunha obra de teatro no Auditorio de Cambados. A obra foi "O espantallo amigo", unha adaptación do conto de Xosé Neira Vilas.

Deixamos unha tira de imaxes da xornada

7.11.15

Festa do Magosto 2015

O día 6 de novembro celebrouse a festa do Magosto no colexio. Foi un día caracterizado por un ambiente moi estival. Houbo música, xogos novos para os rapaces, taller de maquillaxe, e como non, o asado das castañas. Todo o alumnado como o profesorado gozamos dun día especial


















.CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

29.10.15

Halloween/Samaín

Hoxe celebrouse na escola a Festa do Samaín- Halloween. Durante os últimos días estiveron traballando nas aulas o tema e a decoración dos corredores. Dende os Departamentos de Música e Inglés organizouse un pequeno festival no que participou todo o alumnado da escola.
Podedes mirar todas as actuacións nos seus respectivos blogs.

















CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

29.9.15

Saída á Armenteira e a Ruta da Auga e a Pedra (5º e 6º de Primaria)

O día 24 os alumnos de 6º e o día 25 os alumnos de 5º de primaria fixeron unha bonita saída para contemplar o arte e a natureza do noso contorno. Gozaron dunha mañá estupenda.





CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

22.9.15

Saída de 3º y 4º de Primaria polo río Umia e o monte da Pastora

Comezamos o novo curso sen perder tempo. Neste caso estes alumnos pasárono xenial polo noso contorno da man dun marabilloso mestre xa xubilado coñecido por todos, o profe Mon.






Clicade aquí para ver todas as fotos

22.6.15

DESPEDIDA DO CURSO

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias deséxavos un bo verán a toda a Comunidade Educativa.


21.6.15

XOGOS FIN DE CURSO

Un ano máis o alumnado pasou a mañá de día 19 de xuño moi entretida cos diferentes xogos preparados polo profesorado. O tempo acompañou e os rapaces gozaron un montón.





19.6.15

Vídeos da despedida de sexto

Como publicamos na entrada anterior, na despedida dos alumnos/as de sexto houbo diferentes momentos que quedaron plasmados nos seguintes vídeos:

Proxección, entrega de diplomas e lectura:


Actuacións musicais:



18.6.15

Despedida do alumnado de 6º de Primaria.

Hoxe despedímonos dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria con agarimo e lembranzas. Houbo unha proxección do seu percorrido pola escola e distintas actuacións musicais coa colaboración dos nenos de outros cursos.



CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

Excursión a Baiona (2º Ciclo)

O 17 de xuño os alumnos e alumnas de 2º Ciclo foron a Baiona e visitaron un montón de lugares: A Igrexa, A Casa do Perdón, A carabela "A Pinta", o Museo do Mar etc. Ademais xogaron moito e incluso tiveron merenda no antigo faro de Cabo Silleiro.


CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS


CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

12.6.15

Saída ao Monte da Pastora (1º ciclo)

Foron varias as veces que se intentou realizar esta saída e sempre o mal tempo impediu que se levara a cabo. Nesta ocasión foi posible e os rapaces desprazáronse a un espazo natural moi cercano que ten unha gran variedade de árbores e que ofrece unha boa vista da ría.

Premendo na imaxe poderás acceder a un álbum de fotos


9.6.15

Excursión ao cámping Fietás

O pasado venres 5 de xuño os alumnos e alumnas de 1º Ciclo foron de excursión ao camping Fieitás situado no Concello de O grove.

Os alumnos pasárono xenial.


Excursión a Manzaneda

Un ano máis o alumnado de 6º de Primaria realizou a súa excursión de fin de curso de tres días a Manzaneda. Realizaron diversas actividades ao aire libre e gozaron a tope.

Aquí tedes unhas cantas imaxes deses días:


5.6.15

Excursión a Ons (5º )

Despois de estar durante varios meses traballando co libro O Faro de CorazÓNS os nenos e nenas de quinto xa tiñan ganas de coñecer a illa in situ para comprobar se o que conta o libro era certo.

A viaxe de ida no "Delfín Novo" provocou lixeiros mareos que desapareceron ao chegar a illa. Unha vez alí, un completo percorrido de máis de 7 km  levounos a ver o faro -ata puidemos entrar nel, cousa bastante complicada- a Enseada de Caniveliñas, o Burato do Inferno, o Miradoiro de Fedorentos -a a néboa non permitiu ver Onza e Cías- e as praias de Pereiró, Canexol e os Cans; onde comimos, xogamos e ata nos bañamos, agora si, con "Lorenzo" acompañando.

Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum da xornada


Actividade de marisqueo con Guimatur

Ao longo desta semana os nenos e nenas de Educación Infantil aprenderon un dos oficios máis recoñecibles da nosa vila. Da man de Guimatur levaron a cabo unha actividade de marisqueo no Serrido que foi todo un éxito e que fixo que os rapaces pasasen unha mañá moi divertida.

A continuación poñemos fotos dos alumnos de 4 e 5 anos.

                       

4 anos                                                                              5 anos

(Preme nas imaxes para acceder aos álbumes)

4.6.15

Arqueoloxía cos de 4º, 5º e 6º

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria tamén tiveron as súas sesións de arqueoloxía, podedes ver nesta tira de imaxes o ben que o pasaron

25.5.15

Sesións de arqueoloxía

O pasado 13 de maio os alumnos/as de Infantil saíron a illa A Figueira xunto con Ángel, o arqueólogo do Concello, para facer unhas catas na area onde tiñan que atopar diversos restos arqueolóxicos.
O mércores 20 de maio fixeron a mesma saída os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Primaria, pero esta vez coas mestras Elvira e Blanca.
Os rapaces pasárono xenial e gozaron un montón.


(Preme na imaxe para acceder ao álbum)

20.4.15

Saída ao supermercado de 5ºB (15-04-15)

O día 15 de abril os alumnos de 5ºB tamén acudiron ao supermercado Eroski da súa localodade
para gozar como xa o fixeran a semana anterior os seus compañeiros de 5ºA. Pasárono moi ben.

Preme na fotografía para ver máis imaxes.




19.4.15

Saída ao supermercado (08-04-15)

O día 8 de abril os alumnos de 5ºA fixeron unha saída ao supermercado Eroski de Cambados.
Xunto cunha monitora percorreron todo o super falando dos diferentes produtos e alimentos.
Ademais gozaron cunha cata de froitas preparada especialmente para eles.

Para ver fotos, preme na imaxe



23.3.15

Saída do terceiro ciclo a Pontevedra (18-03-15)

O día 18 de marzo os alumnos de 3º ciclo de Primaria fixeron unha saída a Pontevedra.
Nela gozaron cunha actuación musical organizada por Afundación. "Invención" de Odaiko.
Nesta mañá visitaron tamén o Museo  onde observaron obras de Castelao e arte galego e escoitaron con atención aos guías. Para eles foi unha mañá moi entretida.

Preme na imaxe para acceder ao álbum da excursión:


15.3.15

#stopAME

Moitas veces os mestres recibimos leccións dos nosos alumnos. Este é un deses casos. A nai de Brais Costa padece unha enfermidade rara chamada AME, se queredes saber algo máis, soamente tedes que ver este vídeo no que Brais explícalles aos seus compañeiros a enfermidade.



7.3.15

Saída do 1º ciclo (04-03-15)

O 4 de marzo os alumnos do 1º ciclo fixeron unha saída a Pontevedra para asistir ao teatro "Os narigudos" organizado por Afundación. Ademais aproveitaron para facer un percorrido polas tendas da zona antiga da cidade con motivo do Salón do Libro. Pasárono moi ben.


16.2.15

Fotos do Entroido 2015

A celebración do Entroido 2015 tivo moito que ver coa temática do curso, "A luz e os faros", de xeito que os disfraces víronse condicionados por iso. A climatoloxía puxo algún que outro problema, pero non foi quen de poder coas nosas ganas de festa, así que cuns improvisados "paraugas" puidemos saír adiante.

A continuación deixámosvos imaxes da festa.

1.2.15

As campás que soan sen son

Quen dixo que non se poden dicir cousas sen falar? Non é que se nos estropease o son, nin editamos o volume no vídeo, sucedeu así, tal cual. Soamente o son do teléfono e algún sorriso pertubaron o silencio.

Despois de cantar (acompañando a canción con linguaxe de signos) "As campás da paz" de Migallas, todos os alumnos e alumnas do Ceip San Tomé repetiron actuación, pero esta vez sen música e sen voz.

O resultado é mellor que o miredes:



Día da Paz 2015

Aquí tedes a actuación conxunta que fixeron todos os alumnos do centro para conmemorar Día Internacional da Paz e a non Violencia. As campás da paz soaron estupendamente. Da coreografía falaremos na seguinte entrada.



30.1.15

Día da Paz 2015

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Internacional da Paz e a non violencia, como non podía ser doutro xeito, o cole vestiuse acorde con esta data e por cada rincón podíanse ver traballos dos alumnos decorando as paredes e as portas. Aquí vos deixamos unha mostra: