24.12.16

Festival de Nadal 2016

Xa están todos os vídeos do Festival 2016. Podes disfrutalos nesta lista de reproducción.
Bo Nadal!

23.12.16

Festival de Nadal

Moi boas!

Xa temos o álbum coas fotos do Festival de Nadal, podedes velo premendo na imaxe.



Bo Nadal!

12.11.16

Magosto `16

O pasado venres, día de San Martiño, vivimos unha xornada das que nos gosta... xogos, música e castañas! Sempre esperamos con ganas a chegada desta data, pois xa é parte de nós. Premede na imaxe para ver as fotos e non vos esquezades do vídeo!






Samaín´16


O pasado 28 de outubro vivimos no cole unha xornada do máis terrorífica... botádelle unha ollada, si vos atrevedes!!



27.6.16

Fin de curso

Despídome como coordenadora desexando a toda a Comunidade Educativa un bo verán!!!












https://goo.gl/photos/Dcx48xD7pusGJjqs7


O día 22 de xuño celebramos o final de curso coma todos os anos, o alumnado gozou moito cos diferentes xogos e despois de diferentes festas polas aulas.






CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

23.6.16

Despedida de 6º de Primaria

O día 21 de xuño celebrouse na escola a despedida do alumnado de 6º de Primaria. Proxección, entrega de diplomas e música estiveron presentes nesta maná emotiva para estes alumnos/as que abandonan San Tomé.





Clicade aquí para ver as fotos

22.6.16

Excursión a Manzaneda

Os días 13, 14 e 15 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria estiveron de excursión en Manzaneda. Alí gozaron moitísimo coas diferentes actividades programadas para eles. Foi unha experiencia de despedida xenial como poderedes comprobar nas fotos.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

21.6.16

Actividade de Piragüismo para 6º de Primaria

O día 17 de xuño o alumnado de 6º de Primaria gozou dunha xornada diferente. Estiveron practicando piragüismo e pasárono muy ben como podedes apreciar nas fotos.






CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

16.6.16

Concurso "Coñece a túa Praza de Abastos"

Hoxe cinco nenos do noso cole foron xunto con dúas profes a recoller os seus premios á Praza de Abastos do Concello. Foi toda unha sorpresa coñecer onte a noticia y eles moi contentos e con moita ilusión recibiron o seu diploma e agasallo. O cole tamén obtivo   o seu premio por parcicipar no concurso.    




  CLICADE AQUI PARA VER AS FOTOS

13.6.16

Visita á escola do Refuxio de animais de Cambados

 Os días 9 e 10 de xuño estiveron as encargadas do refuxio impartindo a todo o alumnado unhas charlas de concienciación sobre o coidado dos animais. Resultou unha experiencia llamativa e interesante para todos.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

Saída de 3º e 4º de Primaria!

O día 7 de xuño os alumnos de 3º e 4º de Primaria foron de excursión a Lalín. Alí visitaron nunha aldea a Casa do Patrón que é o Museo Etnográfico da zona onde ademais gozaron cuns talleres de facer pan e amasar barro. Tamén o pasaron moi ben facendo unha ruta de sendeirismo e o tempo acompañuo porque fixo un día excelente.




CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

10.6.16

O día 7 de xuño o alumnado de 1º e 2º de Primaria viaxiaron no tren a Vigo. Alí visitaron o Museo Marco, o seto dun dinosaurio e a Estación Marítima. Tamén xogaron e puideron gozar dun día diferente

                        



Clicade aquí para ver as fotos!!!

7.6.16

Ons, 3 de xuño

O pasado venres 3 de xuño os alumnos de 5º de Primaria realizaron a súa excursión de fin de curso na que visitaron a illa de Ons.

O tempo acompañou ao máximo e puideron disfrutar dun estupendo día, co priviliexio de visitar o interior do faro e poder xogar na praia.

Acompañamos a nova cunha tira de imaxes:


10.5.16

Saída pola localidade!

No día de hoxe o alumnado de 6º de Primaria, saíron pola localidade para visitar diferentes edificios e construccións de Cambados da Idade Moderna. Tiveron a colaboración dunha guía e os rapaces estiveron moi atentos ás diferentes explicacións.



                                             CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

4.5.16

DE CARS!

Os alumnos de 4º e 5º de Primaria pasaron unha boa mañá gozando no salón Peña cunhas charlas e unhas clases prácticas de Educación Vial.


CLICADE PARA VER MÁIS FOTOS

6.4.16

Día de concienciación sobre o Autismo

O pasado venres levamos a cabo varias actividades para conmemorar o día de concienciaón sobre o autismo.

A continuación podedes ver imaxes dos alumnos de terceiro pasando a testemuña de cor azul


Na seguinte lista de reproducción hai varios vídeos de alumnos do cole cantando e interpretando a canción "Eu teño alguén"

15.3.16

Saída ao supermercado Eroski

Igual que no curso anterior o alumnado de 5º de Primaria desprazouse ata o supermercado Eroski onde obtiveron información dos produtos nas diferentes seccións do mesmo. Ademais realizaron diferentes actividades e degustaron un bo almorzo moi chamativo. Nesta visita todos gozaron moito.




                                        CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS


8.3.16

Saída a Pontevedra dos alumnos de 1º e 2ºde Primaria

O día 3 de marzo os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron a Pontevedra ao Auditorio de Afundación para ver unha obra de teatro titulada: "Rodarirodari". Ademais visitaron o mercado municipal onde puideron ver os diferentes postos de alimentación, principalmente os do peixe. Ésta experiencia encantoulles e pasárono moi ben.


















CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

13.2.16

Un lipdub para o Entroido

Outra vez todo o cole cantando e bailando, esta vez por mor do Entroido. A profe Mónica adaptou esta canción escribindo unha letra acorde coa celebración desta festa tan divertida.

Podedes ver o resultado a continuación:










9.2.16

Entroido 2016

Un ano máis no colexio celebrouse a festa do Entroido. Presos, policías, xuíces, pantasmas, magos, monstruos,de incógnito e detectives puideron desfilar polo patio adiante grazas a que o bo tempo acompañou. Despois gozaron da típica festa no pavillón con música e diferentes postres típicos destas datas.
Agradecer as familias a súa colaboración tanto na cofección dos disfraces coma na elaboración dos dulces.




                                          CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

29.1.16

Día da paz

Hoxe os nenos e nenas xunto co todo o profesorado do colexio despois do recreo celebramos o día da Paz. Música, acenos, baile, solta do globo e este ano tamén bo tempo. Todos gozamos dunha boa mañá.
Ademais tamén podedes ver os traballos de decoración realizados nalgunhas aulas referidos á temática da Paz.






cLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

24.1.16

Xornada cos Técnicos de Emerxencias do Salnés

O venres 22 de xaneiro o alumnado de todo o colexio gozou dunha xornada adicada á realización da RCP e visita á ambulancia.





CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS