15.3.16

Saída ao supermercado Eroski

Igual que no curso anterior o alumnado de 5º de Primaria desprazouse ata o supermercado Eroski onde obtiveron información dos produtos nas diferentes seccións do mesmo. Ademais realizaron diferentes actividades e degustaron un bo almorzo moi chamativo. Nesta visita todos gozaron moito.




                                        CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS


8.3.16

Saída a Pontevedra dos alumnos de 1º e 2ºde Primaria

O día 3 de marzo os alumnos de 1º e 2º de Primaria foron a Pontevedra ao Auditorio de Afundación para ver unha obra de teatro titulada: "Rodarirodari". Ademais visitaron o mercado municipal onde puideron ver os diferentes postos de alimentación, principalmente os do peixe. Ésta experiencia encantoulles e pasárono moi ben.


















CLICADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS